martes, 16 de julio de 2013

Lembranzas.

Non se acordaba moito de el, facía moito tempo que o vira. Non podía lembrar se os seus ollos eran da cor do mar ou do mel, ou se tiña o pelo rizo ou liso, cría que o primeiro. A pesar diso, cando o viu alí de pé, esperando, sentíu coma se o tempo non pasara. Aínda non estaba segura de se era a persoa que cría, pero cando viu un pequeno lunar na esquina inferior do ollo esquerdo non dudou nin por un momento.

En realidade, as cousas son así, pode que non lembremos todo acerca dunha persoa, pero as pequenas cousas... esas que che sacan un sorriso sen que o poidas evitar, esas son as que lembraremos sempre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario