viernes, 8 de noviembre de 2013

Lembranzas

Era como se a cada paso que daba rompía un pouquiño máis. Tan fráxil... que magoábase se pensaba. Ninguén comprendía como podía ser así. Pero claro, creo que está de máis dicir que foron eles mesmos os que a converteron no que é hoxe. Sen poder pensar por si mesma e tan desgraciada que xa non sentía as gotas de chuvia que mollaban a súa branca pel. Os seus ollos eran dunha cor marchita, esa que non inspira ledicia algunha e que pesa tanto. Os mesmos que tiñan vellas engurras de rir moitos anos antes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario